Nos anos sesenta, cando se levaba a cabo un bautizo dun recen nacido na igrexa parroquial de Santiago de Mondoñedo, era costume que a saída da edificación relixiosa os padriños do bautizado lanzaran ao aire unhas cantas moedas, case todas de escaso valor, así como variados caramelos para os nenos alí congregados. Unha tradición da que se descoñecen os seus inicios, pero que deixou de levarse a cabo.

A imaxe que acompaña estas liñas é dos anos sesenta e na mesma inda estaba a pleno rendemento a fonda e café-bar Meilán.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!