Premio para a escola

No ano 1968 a escola de “Ambroz-Carmen” de Mondoñedo, foi premiada con 25.000 pesetas e un diploma por participar no concurso “Mantenga limpia su escuela”, ao ser considerada polo xurada como merecedora de tal distinción. Este concurso era convocado pola Deputación Provincial de Lugo. A citada escola, un ano antes, en 1967 xa obtivera unha mención honorífica.


Dirixía por aquela época esta escola Dona Concepción Díaz Rodríguez, esposa de Don Mauricio Lado de Pomiano, tamén mestre. Na imaxe recoñecemos a: Arturo e Víctor “do Moreno”, José Ángel Bermúdez, Fernando Anello, Rosa Lorigados, Encarna, “Mitos” Anello, Silvia, “Maruxa”, Mabel, “Maruxa” Lorigados, Cristina Lorigados, Tere Meilán e Pilar Anello.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo