Obras no Seminario

Sendo Bispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando Quiroga Palacios, no ano 1947, comezaron as obras de reforma e ampliación do Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Estas obras consistirían na construcción de dous espléndidos pavillóns, un excelente servizo de duchas, un cómodo e amplo salón de actos e unha fermosa e luminosa capela.

O Bispo Quiroga, ante a necesidade dun bo número de albaneis, carpinteiros ou canteiros para levar a cabo esta importante obra, informouse dos soldos que se percibían a diario en Mondoñedo e os seus arredores, e tras elo, decide que se aboaría aos operarios que executasen esta obra cinco pesetas a maiores. Deste xeito, non faltou man de obra e a execución dos traballos avanzou con prontitude.

O 7 de setembro de 1954, despois do coro, inaugurouse a nova capela maior do Seminario, xunto a imaxe colocada na súa fachada.

As obras duraron case dez anos e foron finiquitadas durante o episcopado de D. Mariano Vega Mestre, motivo polo que foron colocados na fachada da nova capela do Seminario Santa Catalina, os escudos de armas de ambos Bispos.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo