A finais dos anos sesenta o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro Mora, creou a «Orden de la Paula«. Con intención de premiar as persoas que tiveran prestado un servizo polo municipio, mostrando interese polos seus problemas, fillos ilustres, etc. O médico ciruxán, e alcalde por aquel entón de Mondoñedo, D. Enrique Cabanela Álvarez (cuñado de Cunqueiro), era o presidente da Orde.

Sería o 28 de agosto de 1970, sobre as cinco da tarde, no Claustro da Catedral, cando Cabanela lle fixo entrega a Manuel Fraga Iribarne, ex Ministro de Información e Turismo da primeira «Paula de Oro» así como un pergamiño que dicía: «A serenísima Cofradía da Paula concede a primeira insignia de ouro a Don Manuel Fraga Iribarne e faino cofrade seu«
Fechou o acto o forte soar da auténtica Paula. Foi a única vez que se impuxo esta distinción.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!