O día de Reis do ano 1969, unha comisión organizada en Mondoñedo, coa finalidade de recaudar fondos para a compra dunha furgoneta, facía entrega de tan necesario vehículo as Irmáns que rexían o Asilo de Anciáns.
O día tan sinalado, un nutrido grupo de persoas acompañaban a Superiora, Irmáns e anciáns as portas do asilo. O Capelán do Centro Benéfico D. Cruz Saborit, sería o encargado de bendicir o vehículo.
A continuación, o Presidente da Comisión «pro-furgoneta», Juan Manuel Bermúdez Rubiños «O Canelo» dirixiría unhas palabras o público asistente. Nun cofre, que portaba o pequeno Antonio López García «da Lancera», estaban as chaves e documentación do vehículo doado.

Por último, o daquela alcalde D. Enrique Cabanela Álvarez, faría entrega a nai Superiora do cofre, en representación do xeneroso pobo.
Unha vez feita a entrega, os homes e mulleres acollidos no Asilo, seríalles servida unha comida extraordinaria.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!