García «o obreiro do fútbol»

O noso veciño, José Ramón García Fernández, ademáis de xogar de forma destacada como gardamallas dos cadros de Mondoñedo, Ribadeo, Lugo, Ourense, Ferrol ou Córdoba, rematou a súa carreira como futbolista nas filas do Jerez Deportivo, era a tempada 1971/72 e a escadra andaluza acababa de ascender a segunda división do fútbol español.

Formaban parte daquela escadra: García, Serrano, Sánchez, Fernández, Bailaro, Prieto, Ravelo, González, José Luis, Verdú, Sertucha, Goñí, Becerra, Quindejo, Del Pozo, Rafa, Zarate, Pepín, Domínguez, Parra, Garrido, Yanko, Román, Beigvader, Jiménez ou Matías. O xovencísimo integrante daquela escadra «Del Pozo» chegaría a militar nas filas do Betis, Cádiz ou Palencia. O tinerfeño Ravelo, xogou tamén no Tenerife e no Córdoba ademáis de no propio Xerez onde foi toda unha institución. O veterán defensa canario, José Luis, foi tamén subcampión de liga con Las Palmas. E outro veterano, Sertucha, formou tamén parte do Osasuna, Alavés ou Deportivo da Coruña.

Nesa tempada, tamén competían na segunda división española equipos galegos como o Pontevedra ou o Racing de Ferrol. Ao remate da mesma, a escadra azulona descende de categoría e García decide colgar definitivamente os guantes e a petición da directiva do Córdoba, comeza a entrenar a escadra xuvenil. Foi corta esta etapa como míster, tarefa que abandoa para prestar maior atención ao seu negocio de materiais de construcción en Córdoba.

José Ramón García, un «obrero del fútbol», como o calificaron en diversas ocasións, consideramos que de xeito acertado, faleceu no ano 2004 na cidade de Córdoba, onde era moi apreciado e querido polos seus veciños.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo