Con este peculiar nome era máis que coñecido, un establecemento localizado na pranta baixa da edificación sinalada co número 2 da praza da Fonte Vella de Mondoñedo.
Un local no que se servían viños, licores, cafés, xabóns, deterxentes, galletas, conservas entre outros moitos productos de uso cotía no fogar.
Rexentado por José da Uz Valiña. Fillo de José da Uz e de Remedios Valiña, veciños do barrio de Zoñán, parroquia dos Remedios de Mondoñedo.

Local moi visitado a finais dos anos corenta e cincuenta. Finalmente fechou as súas portas para sempre no ano 1963. Na imaxe que acompaña estas liñas podemos recoñecer a: Eleuterio «Pateira», José «Rancho», Ramón «Niní» e Francisco «O Urbano».
Por razóns de idade non chegamos a coñecer en funcionamento este local, pero si recordamos pintado o seu descolorido letreiro. Unha vez cerrou, fou usado como almacén de materiais de construcción ou de froitas e verduras.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!