Un relevante artista

Hoxe traemos ao recordo a Pedro Salaverri de la Torre, nado en 1899 na rúa Febrero de Mondoñedo, e falecido na rúa Cándido Martínez da mesma cidade en 1961. Fillo de Pedro Salaverri Vila e de Pascuala de la Torre Lence. Irmán de Joaquín, José María, José Antonio, Carmen e Dolores. Dende este punto, facemos un breve recodatorio deste destacado mindoniense, tallista de gran fama que traballaría para un afamado taller da capital.

Pedro, por razóns de idade, pertencía o alistamento do ano 1920 e figuraba no mesmo co número 104. Como se extrae de diversa documentación consultada no arquivo municipal de Mondoñedo, naceu o 20 de maio de 1899. A hora de efectuarse o alistamento, presentouse o seu irmán José María, manifestando que Pedro estaba a residir en Madrid dende 1916. José María, para conseguir explicar a Pedro do servizo militar obrigatorio por aquel entón, alegaría falta de talla.

Por esa motivación, Pedro sería tallado en Madrid polo Sarxento D. Leandro Gamero Vicedo, destinado naquela data no Rexemento de Infantería Saboya, número 6 e dando a talla de un metro e cincocentos corenta milímetros.

O Concello, vistos os datos indicados, e a documentación exposta no expediente do mozo, acordaría declaralo “Excluído temporalmente”. Circunstancia pola cal quedaría excluído do continxente, pero non de algúns servizos.

Pedro ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Estaba considerada a principal institución de ensinanza artística do país. No 1930 participou na Exposición Nacional de Belas Artes, que se celebraría no Pazo de Cristal do Retiro, cunha talla de madeira, exposta na sala XIII, sinalada co número 28, que representaba a un San Sebastián. Según a prensa da época, dispoñía de “muy buena traza y efecto”. Esta exposición foi un evento chave para o arte español da época, con participación de destacados artistas, como tamén das principais mulleres.

De conformidade coa proposta formulada polo Xurado de Relación da Actual Exposición Nacional de Belas Artes, o Rei tería a ben dispoñer: 1º que se concedesen unhas Bolsas de Viaxe a algún alumnos premiados, onde na sección de Escultura figuraba Pedro. 2º que cada Bolsa de Viaxe e Premios de Aprecio ascendese a cantidade de 500 pesetas en metálico.

Neta data, Pedro Salaverri estaba domiciliado en Santa Engracia, número 41 e máis tarde faríao no 128 da rúa San Bernardo de Madrid e era un veterano e avantaxado alumno da Escola Superior de Pintura, Escultura e Gravado.

Nos meses de maio-xuño do 1936, Pedro participaría novamente na Exposición Nacional de Belas Artes, que se levaría a cabo no Pazo de Exposicións do Retiro. Nesta ocasión participou coa obra sinalada co número 42 titulada “Leñador”.

Pedro Salaverri, en plena xuventude e como bo alumno da Escola de Belas Artes, comezou a traballar no afamado taller de arte sacro de D. Félix Granda y Buylla. D. Félix (1868-1954) era un coñecido sacerdote, destacado escultor, pintor e orfebre de orixe asturiano, que fundou en 1891 o taller de arte litúrxico TALLERES DE ARTE, que dirixiu ata o seu falecemento. O arcebispo de Madrid-Alcalá, D. José María Cos y Macho foi quen aprobou a súa iniciativa. Curiosidades da vida! D. José María sería bispo de Mondoñedo e durante o seu pontificado levantouse a segunda planta do edificio do Seminario Santa Catalina.

O taller comezou a súa andadura na rúa Fernando el Santo de Madrid, pero ante a crecente demanda, incluso o número de artesáns que traballaban para el, mudaríase a residencia do Hotel Las Rosas, nos altos do Hipódromo. Agrupaba numerosos artistas: orfebres, fundidores, broncistas, cinceladores, tallistas, escultores, carpinteiros ou pintores. Todos estaban unidos polo mesmo espírito de amor e de fidelidade a liturxia e arte sacro.

Na nosa cidade consérvanse unhas fermosas tallas de Pedro Salaverri. Unhas son propiedade do seu sobriño Luís Joaquín Salaverri, un fermoso busto de Pascuala de la Torre Lence, aboa paterna; un espectacular altorrelieve; un fermoso Corazón de Jesús e os catro Evanxelistas; un san Juan Bosco. Outra atópase no antigo domicilio do seu irmán José María, na rúa Cándido Martínez, onde a columna que da comezo ao pasamáns das súas escaleiras ten unha espectacular talla de madeira, é a figura dun neno tocando un instrumento de vento.

Grazas a amabilidade de Luis, coñecemos a existencia dunha talla do Corazón de Xesús no paraninfo da Universidade Pontificia de Comillas, da que foi Reitor o seu irmán D. Joaquín. Nas estacións do Vía-Crucis do Monte de Santa Tecla (Pontevedra), dotadas duns artísticos medallóns, participaría na súa elaboración. E na vivenda doutro familiar consérvase unha talla de San Sebastián. Posiblemente é a que tivo participado na Exposición Nacional do ano 1930.

No transcorrer das festas patronais do San Froilán en Lugo, dende fai uns anos, o xornal “El Progreso” publica durante varios días unha sección na que a personaxe central é o coñecido “Peludez”, creado por D. Antonio de Cora Sabater e continuado polo redactor xefe, D. José Trapero Pardo; Pedro Salaverri tamén é autor da talla duns preciosos Peludez, moi ben decorados e nun estado de conservación óptimo. Sería no ano 1945, cando persoal da redacción deste xornal, nunha emotiva homenaxe de recordo e admiración ao que durante tantos anos foi o seu director, acordou ofrecer a súa viúva. Dona Enriqueta Díaz-Requejo, unha estatua de Peludez, obra de Pedro Salaverri, quen representaba de forma extraordinaria ao personaxe.

Pedro Salaverri de la Torre faleceu en Mondoñedo, solteiro, no domicilio do seu irmán José María, o 19 de febreiro de 1961.

O noso agradecemento a Luis Joaquín Salaverri, por facilitarnos a imaxe do seu tío paterno, fotografías dalgunhas das súas obras e algúns datos familiares para esta nota.

Con estas breves liñas pretendemos recordar a figura de Pedro Salaverri, un importante artista que merece formar parte da nosa historia. ¡Agardamos telo conseguido!

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo