O Gaspar, talento musical

A S.Y.C.B. de Mondoñedo pode ser considerada durante moitos anos como un pequeno conservatorio, tanto polo que se refire ao canto oral como a música instrumental.

Un deses músicos chamábase Antonio González Amieiro, máis coñecido popularmente como «O Gaspar«, nado o 18 de setembro de 1900 no mindoniense barrio de Os Castro. «Gaspar» comezou a súa andadura musical como «neno de coro», seguindo como cantor, e máis tarde, como instrumentista (violín primeiro) na orquestra da catedral, baixo a dirección do mestre D. León Díaz Rubín.

Desta «academia» sairon directores de rondallas, masas corais, membros da banda municipal de música… As duas orquestras coas que contaba a cidade de Mondoñedo a comezos dos anos sesenta, eran un dos últimos eslabóns desta cadea musical.

Como a música non apartaba medios económicos necesarios para vivir modestamente nin manter unha familia, «Gaspar» apredería e exercería o oficio de carpinteiro.

«Gaspar» participou en diferentes comparsas que se formaron na cidade para amenizar a festividade do carnaval, como «Dominó» e «Os Románticos» e xunto con Enrique «das Danielas» foi director da famosa rondalla «Os Veiga» no ano 1934. Tamén sería músico da banda municipal, durante a dirección de D. Ángel Rodríguez e máis tarde, do seu fillo D. Eduardo. Dirixeu con enerxía e sabedoría o coro «Frente de Juventudes». Tamén sería colaborador co seu violín nalgunhas interpretacións cunha orquestra mindoniense.

Antonio foi uns constante cultivador das súas aficcións e coñecementos musicais, dos que a súa finura na execució sería recordada durante moito tempo.

Casaría con Remedios Cabanela López, matrimonio que residiría na rúa José María Pardo de Mondoñedo. Do mesmo non quedou ningunha descendencia.

Antonio González Amieiro, «O Gaspar», faleceu o 2 de febreiro de 1976. Sería despedido deste mundo cos compases dunha Misa Solemne de Requiem, que tantas veces tiña interpretado. Misa por iniciativa de D. Felipe Banguese, párroco de Santiago, que secundaron amablemente outros compañeiros do falecido.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo