Corría o 5 de marzo do ano 1956, e o fotógrafo mindoniense D. José Pernas Moirón (Foto Pernas), residente no barrio dos Muiños de Arriba da nosa vila, captou o instante no que D. José García, de profesión ferreiro, realizaba o «cambio de calzado» ao incansable «Cuco». O propietario do animal era D. José Chao, afamado alfareiro, residente na Avenida de Bos Aires.
«Cuco», laborioso e obediente animal, facía con moita frecuencia o traxecto dende a Avenida de Bos Aires ata o lugar que coñecemos como «Corno da Luna», onde o seu dono acostumaba cortar numerosos toxos para as súas cocións de alfarería. O cemento das nosas rúas e o asfalto de estrada que pisaba, mermaban o estado das súas ferraduras.

¿Canto levarán traballado estes animais? ¿Cómo eran de estimados os seus donos? Hoxe en día esta clase de animais está en perigo de extinción.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!