«Águila de Oviedo» en Mondoñedo

Xa sabemos que sempre houbo persoas que se especializaron en certas fazañas curiosas, vendidas como espectáculos e que a falta de maiores distraccións eran ben recibidas polos nosos antepasados. Unha desas habilidades era a de escalar torres ou edificios emblemáticos que dispoñían de certa altura, sen seguridade engadida, e cunha gran habilidade; estas actividades causaban unha gran admiración no público.

O escala torres José Ramón Díaz «Águila de Oviedo», encaramado sobre San Rosendo.
Foto Andrés

Remontámonos así a 1964, co permiso das autoridades civís e eclesiásticas, o escalatorres, coñecido como «El Águila de Oviedo» chegaba a Mondoñedo, para ascender ao máis alto da torre das campás da nosa Catedral, valéndose do auxilio do pararraios e baixando tamén polo mesmo. Numeroso foi o público que se agrupou na Praza da Catedral, Cantón Grande e Pequeno e nalgunhas das rúas colindantes a praza para presenciar o espectáculo. O artista foi ovacionado pola multitude, que presenciou chea de admiración o tremendo espectáculo. Esta foi a última vez que un destes «home araña» ascendia as torres da Catedral deste xeito.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: , ,
Anuncios

Comenta a imaxe!

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Barreiros Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua feira Fervenza Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo