Viaxamos hoxe ata a Costa da Morte, concretamente ata a vila de Muxía, onde visitamos o Santuario da Virxe da Barca. Un templo que comezou a súa construcción no ano 1717, de estilo barroco e de sinxela feitura.
No nadal de 2013 o templo foi destruido por un incendio a causa dun raio, e no 2015 rematou a súa restauración, agás o retablo principal, que era obra do escultor Santiagués Miguel de Romay.

Xunto a este santuario podemos visitar tamén a «pedra de abalar» a «pedra dos cadrís», a «pedra dos namorados» ou a «pedra do temón». Tamén se poderá contemplar a escultura «A Ferida» unha rocha de gran dimensión, fendida a metade, simulando a ferida causada polo impacto do Prestige nas nosas costas. É considerada a escultura de maior tamaño de España, con 400 toneladas de peso e máis de once metros de altura.

Comenta a imaxe!