Ala polo 16 de novembro do ano 1974, tivo lugar a populosa Festa da Tortilla en Mondoñedo. Era a súa séptima edición, de xeito ininterrompido. Nesta ocasión asistiran cincuenta comensais co bo apetito.
Según o reporteiro do evento, a receita estaba composta de:
- 22 quilos de patacas
- 7 ducias de chourizos
- 3 quilos de xamón
- 2 quilos de pimentos
- 4 quilos de cebolas
- 13 ducias de ovos
- 5 litros de aceite
A tortilla tiña unhas dimensións de 50 centímetros de díametro, 15 centímetros de espesor, e un peso aproximado de 40 quilos.

A tortilla foi preparada nun recipiente da conocidísima e valorada «Churrería Ribadeo«. A maior dificultade para a súa elaboración era cando foi preciso darlle a volta, a consecuencia do seu elevado peso. Moitos comensais colaboraron na preparación dos seus condimentos, pero cando a «Churrería Ribadeo» deixou de vir a Mondoñedo, desapareceu tamén a celebración desta festa.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!