Vaia exemplar de troita! Pescou Amador Rivera, veciño da parroquia de San Andrés de Masma de Mondoñedo. Corrían os primeiros anos da década dos setenta do pasado século. Esta excelente captura foi moi comentada entre os pescadores e moitos deles quería saber que cebo usara Amador. El respondía que con outra pequena troita. Algún lle exclamaba “semellante burrada, que unha troita coma outra”. Pero fora certo! José Fraga Moreda, gardarríos da zona, daba boa fe.

O río Masma, que atravesa as parroquias de Viloalle e Masma en Mondoñedo, deu durante moitos anos uns exemplares de salón e troita, de considerable tamaño, o que era a alegría dos hábiles pescadores que percorrían todos os anos as súas marxes.
Dende fai uns anos, desapareceron estes bos exemplares e incluso as marxes do río víronse despoboadas de pescadores. Uns culpan as augas contaminadas, cando nunca se depurou tanto e están tan castigados os vertidos incontrolados. Outros culpa a poboación de garzas e londras na marxe dos ríos. Outros, a invasión da vexetación nas marxes, que sombrea as augas polas abundantes árbores. E outros, a desaparición das presas dos prados; lugar onde desovaban e criaban ata deixar de moer os muíños fariñentos. A cuestión é que, pesa a solta de alevíns, os nosos ríos están a quedar sen vida.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!