Sempre no recordo

Novos e maiores, que mindoniense non recorda a Dona Alicia Tella-Villamarín Ferreiro!!! Bibliotecaria de Mondoñedo durante 22 anos. Lugar, a biblioteca onte levou a cabo unha importante tarefa de recuperación de prensa antiga local e de publicacións sobre Mondoñedo, conseguindo reunir un fondo local moi importante a día de hoxe. Ademáis, Alicia, durante anos, e cos seus propios medios económicos, levou a cultura do libro e a lectura a varias parroquias da nosa vila. No seu coche, e coa súa maleta, achegaba libros a quen tiña máis difícil vir a Mondoñedo por eles, foi así unha pioneira neste sentido. Algo que hoxe non existe.

Era unha muller que percorría as empedradas rúas de Mondoñedo sempre sorrinte, servicial cos máis necesitados, moi cariñosa cos veciños, e en definitiva preocupada polos demáis. Nacida en Pol, pero por circunstancias familiares adversas, a maior parte da súa vida radicou en Mondoñedo xunto de seus tíos. Rematou os estudos de maxisterio, pero nunca chegou a exercer. Foi pregoeira das festas de As Quendas en Mondoñedo, e nomeada Dª Isabel de Castro por «Mundo da Galea».

Casada con outra figura moi recoñecida en Mondoñedo, o profesor e escultor D. Juan Bautista Puchades Quilis, con quen deixa dúas fillas, María Jesús e Alicia. A imaxe que acompaña este recordo foi captada en Vilastrofe (Cervo), con motivo do descubrimento do busto dun gran benefactor local e da presentación dunha excelente publicación realizada polo incombustible Paco Piñeiro.

Alicia e Puchades. Foto de Andrés García Doural

Alicia merece todolos recoñecementos que se podan facer, para devolverlle parte da gran labor que fixo pola cultura en Mondoñedo durante tantos anos, achegandoa a todo o mundo dende a biblioteca, unha biblioteca que ben merecía levar o seu nome.

IN MEMORIAN, ALICIA TELLA-VILLAMARÍN FERREIRO.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo