Tardes de inverno, con temperatura media e ceo gris, un habitual na comarca da Mariña. Pois ben, nunha delas, achegámonos ata a costa, concretamente ata Barreiros, para desfrutar duns pasos a carón do mar.
Un mar con pequena ondaxe, nada importante, o ceo cuberto, facía un intre incluso caera un bo chaparrón, e unha agradable temperatura para a época do ano, ben propicia para un paseo a carón do Cantábrico.


Comenta a imaxe!