As orixes de «A Granxa»

Declarada de emerxencia polo decreto do 1 de febreiro de 1957, lévase a cabo a expropiación dunhas parcelas de terreo sitas no termo municipal de Mondoñedo, en donde se iba a instalar o «Campo de Prácticas escolares del Centro de Enseñanza Media y Profesional«.

A superficie a expropiar era dunhas dus hectáreas, 80 áreas e 52 centiáreas e atopábase sita nun polígono delimitado pola estrada xeral, N634, de Vilalba a Oviedo, estrada de San Antonio, travesía ou Avenida de Bos Aires e a liña dun galiñeiro e dunha vivenda nas inmediacións das Casas Novas.

As parcelas a expropiar eran propiedade de: José Ramón Freire Amieiro, Jaime González Sampedro e irmán, Daniel Castro Cabanas, herdeiros de José María de la Fuente y Bolaño, Enrique Rivas, Balbina Marful, Rosendo Cabanela López, José Rodríguez Marful, María Vázquez González, Amelia Gómez Real, María Goas Pardo Montenegro, Alicia Taladrid Pérez, herdeiros de José Barja, herdeiros de Pedro Díaz, María Alonso Louro, Antonio Febrero García, José Cornide Vila e irmáns, Nicerata Acebo Folgueira e Justa Maseda Carballo.

O valor dos terreos expropiados e das súas colleitas ascendía a 122.992,81 pesetas, e se os propietarios decidían recoller as colleitas, estas serían descontadas do valor.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo