Nun documento do arquivo municipal de Mondoñedo, do ano 1781 xa se cita a existencia desta cruz de pedra de cantería: «Más adelante, frente a la muralla que cierra varias huertas de D. Luís Marzo, junto a la cruz de piedra y frente a unas casas propiedad del venerable deán y cabildo, existen algunos agujeros que necesitan repararse«.
É tradición que o Beato Fray Diego José de Cádiz, predicou varios sermóns nas inmediacións desta cruz de cantería que se atopaba colocada sobre un pedestal no trazado da antiga Rúa da Fonte e que era a entrada e saida dirección Castela. No ano 1921, con motivo do seu adoquinado e construcción do muro lateral dereito, que fecha varias hortas, incrústase a cruz en este para facilitar o tránsito de carruaxes e vehículos a motor. A cruz consérvase en perfecto estado, inda que a maioría dos transehuntes descoñecen a súa orixe.

Fray Diego chegou a predicar a cidade de Mondoñedo o 24 de marzo de 1795. Entrou a poboación pola Ponte de Ruzos (actual Pasatempo) e chegou a Fonte Vella e o arco da antiga muralla, escoitándose a súa timbrada e clara voz a unha considerable distancia, sendo recibido pola poboación daquel entón con admiración e silencio. Tanta foi a afluencia de xente as pláticas e sermóns que deu na Catedral, que según a tradición o Pai tivo que predicar ao aire libre, facendoo dende este lugar elevado da actual rúa Álvaro Cunqueiro.
José Francisco López Ocaña nado na cidade de Cádiz o 30 de marzo de 1743; tomou o Santo Hábito na igrexa dos Capuchinos de Sevilla o 12 de novembro de 1757, cambiando o seu nome de pila polo de Fray Diego José de Cádiz. Foi beatificado o 22 de abril do ano 1894 pola súa Santidade León XIII. Era un humilde relixioso, vestido cun gastado saial, calzado cunhas sandalias, co rostro tostado polas inclemencias meteorolóxicas, co seu corpo enflaquecido pola fatiga e cunha alforxa ao ombro.
No casco antigo da cidade de Cádiz existe unha rúa que leva o nome deste Beato, Fray Diego José de Cádiz. Ademáis neste lugar podemos atopar unha placa que recorda o lugar onde naceu, así como unha estatua de bronce do Beato nun fermoso xardín gaditano.

Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!