Na antiga quinta de Pedrido, na parroquia de Santa María de Vilamor, leváronse a cabo importantes obras de rehabilitación no seu interior, portas, ventás, tellado e na horta anexa.
A mediados de decembro do ano 2008, cando varios operarios se atopaban picando no cal da fachada principal da edificación, que da a estrada local que vai de Pedrido, atravesa o territorio de Vilamor e se une a de Masma, atopáronse coa grata sorpresa de descubrir un antigo escudo heráldico esculpido en pedra caliza, pero que por circunstancias que descoñecemos foi mutiliado.

Na parte inferior do citado escudo e a súa esquerda, aprecíase «año de«, e na parte dereita «1.7…» Polo de agora non sabemos a que apelidos representan estas figuras, inda que si se sabe que chegou a ser propiedade do Estado.
O 30 de novembro de 1745 faleceu na Quinta de Pedrido Dª María de Cancio. Durante o seu matrimonio con D. Felipe Guitiérrez, mercarían esta vivenda e lugar de Pedrido, que construiron todo elo, a súa costa e expensas, en propiedade e territorio do foro do convente de San Martín de Vilaoriente (Picos).
A súa filla, Dª Cayetana de Cancio Gutiérrez, viuda que quedou de D. Juan Antonio Aenlle y Rocha, faleceu o 12 de xullo de mil setecentos setenta. Deuelle sepultura eclesiástica dentro da igrexa parroquial de Santa María de Vilamor, na súa capela maior.
En 1857 a facenda foi vendida por D. José García Montenegro, natura del S. Pedro de Riotorto, pero veciño de Mondoñedo a D. Francisco Delgado Perrote, residente tamén en Mondoñedo, pero natural de Palazuelo de Vedija (Valladolid) pola cantidade de vinte e dous mil reais. D. José era primo e un dos herdeiros da familia Santomé de Mondoñedo.
Despois de transitar por varios propietarios e adquirida por D. Rafael Jaén.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!