Arturo Bello Fernández

Fai uns días deixábamos un veciño moi coñecido e querido pola inmensa maioria dos mindonienses, falamos de Arturo Bello Fernández, máis popular como «Arturo do Banco Bilbao«.

Empregado de Banca, así foi como chegou a Mondoñedo Arturo, a comezos dos anos sesenta, sendo solteiro. Na súa chegada a cidade estaría hospedado na «Fonda Meilán». Ao pouco, coñeceu a mindoniense Milagros Nieto Rial, mestra ben querida por todos, coa que formaría familia.

Logo da súa xubilación da banca, comezou a frecuentar a escola municipal de música, onde foi quen de tocar, con certa soltura, o clarinete. Tamén durante varios anos disfrazouse por carnavais, e xunto cunha comparsa mindoniense acompañada por nenos do grupo escolar, percorrían as rúas de Mondoñedo. Tamén chegou a acompañar a outros músicos, noutras festividades, tocando o bombo.

Durante varios anos Arturo, sería o pregoeiro do Mercado Medieval de Mondoñedo dende o balcón do antigo consistorio da cidade. Festa a que Arturo estaba fortemente vencellado.

Arturo foi un gran colaborador do xornal «Mondoñedo», editado pola Sociedade de Amigos da Cidade de Mondoñedo, sendo o autor do apartado de recetas titulado «O Fogon de Arturo«.

Era habitual ver ao noso querido Arturo, sobre as dez da maña tomándose un café cos seu habitual grupo de amigos e poñéndose ao día das novas do noso mundo. Ben seguro que o han de botar moito de menos, ao igual que todos os que tivemos o pracer de coñecer ao noso veciño e amigo Arturo do Banco Bilbao.

IN MEMORIAN. ARTURO BELLO FERNÁNDEZ.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Comenta a imaxe!

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Barreiros Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Estatua feira Fervenza Festa flor Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Reloxo Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo