Padre Mondoñedo

«Era dulce, humilde y generoso». «Fue un sacerdote ejemplar y un hombre bueno».

José Cabaneiro Anllo, nace o 17 de xaneiro de 1896 na vivenda sinalada co número 25 da rúa Febrero de Mondoñedo. Fillo de Francisco Cabaneiro Díaz, natural da parroquia de San Juan de Romariz (Abadín), de profesión sastre e de Evarista Anllo Sordo, oriunda da parroquia de San Pedro de Bazar (Castro de Rey). Seu pai falecería aos tres meses de nacer José, a consecuencia dunha pulmonía que collería nunha viaxe a illa de Cuba.

Sendo un neno, José, escoita predicar en Mondoñedo aos pais capuchinos Fermín de San Martín e a Pedro de Villasin, entrándolle deste xeito a vocación de ser fraile. No ano 1907 entra na Orde Capuchina e o 21 de agosto de 1912 toma o hábito e cambia o seu nome polo de «Fray Aniceto de Mondoñedo«. O 19 de marzo de 1920 foi ordeado sacerdote e no verán do 1921, o pai Aniceto obtería nos exames, a máxima nota «Summa Cum Laude«. Xa o ano 1931 é destinado a Bilbao e en abril do 1936 falece a súa nai en Mondoñedo, a donde se traslada por última vez por este motivo. En xullo deste mesmo ano exiliarase a Francia e no 1939 marcha a Bayamo, Cuba.

Sería alí en Cuba, onde se recorda gran parte da súa obra, no 1947 comeza a construcción da fermosa igrexa de Jesús del Miramar. Ao ano seguinte otorgaselle o título de «Mejor Orador Sagrado«.
Xa no ano 1949 adquire uns terreos na parte colonial da Habana para construir o Santuario ao Santísimo Cristo da Agonía de Limpias. O 5 de maio de 1955 é nomeado Custodio Provincial de Cuba – Superior de la Orden.

Padre Mondoñedo falece o 17 de abril de 1958 no centro médico quirúrxico de Vedado, na Habana, despois de soportar duante dezaseis meses unha grave enfermidade. O Diario da Habana adícalle este párrafo:

«Le debemos gratitud sin término. Con su silencio, su modestia, con su afán de estar anónimo y volcar su energía en productos o simientes de fe, dio la estampa viva de un sacerdote intemporal, puro sacerdote, y por ello creador de una forma de vida que es manantial de la sabiduría y la lámpara de la fe».

IN MEMORIAN JOSÉ CABANEIRO ANLLO. «FRAY ANICETO DE MONDOÑEDO». 1896_1958

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo