O historiador, arqueólogo e archiveiro D. José Villamil y Castro, foi o primeiro en dar conta da presenza de representacións de gaiteiros nos monumentos de Galicia, cunhas notas publicadas a comezos dos anos setenta do siglo XIX, na revista compostelana «Galicia Histórica», dirixida por López Ferreiro. Villamil deu a coñecer un gaiteiro na igrexa de San Francisco de Ourense, outro en Santo Domingo de Ribadavia e outro na igrexa de Celanova. Co paso do tempo, este tema foi ampliado con outras aportacións.
O actual párroco de Nosa Señora dos Remedios de Mondoñedo, D. Pedro Díaz Fernández, comentou nunha ocasión que no fermoso retablo do Santuario dos Remedios, tamén existe tallado e decorado, a imaxe dun gaiteiro, axeonllado ante o Neno Xesús. Aproveitando dita información e a amabilidade do noso párroco, traemos hoxe unha imaxe para dalo a coñecer.

Este retablo foi custeado polo Bispo Sarmiento, ordeando a súa vez levar o antigo para a igrexa parroquial de Masma. O 13 de decembro de 1745, o Bispo Sarmiento contrataría con D. Juan Antonio Amoedo y Troncoso e a súa dona Dona Manuela de Castro Lemos, veciños de Ribadavia, a doradura e pintura de dito Altar Maior, polo total de vintecinco mil reais da época.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!