Esculturas en madeira en Sanxés

No concello de A Pontenova, collendo a estrada dirección Fonsagrada, na parroquia de Bogo, podemos chegar ao núcleo de Sanxés. En coche será un traxecto por unha estrada con unha parte en moi bo estado e outra non tanto, e en bici, unha forte subida case constante, dende a saida na Pontenova.

A imaxe de hoxe foi captada con este segundo medio de transporte, no propio Sanxés, a carón dunha parte das tallas de madeira dun museo ao aire libre que, a carón da estrada antes citada, podemos desfrutar de xeito totalmente gratuito. O seu autor foi Manuel Marqués, que usando troncos vellos de madeira fixo estas obras de arte. Podemos atopar tamén algunha en madeira.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo