Visitamos hoxe a vila leonesa de Riaño, un concello que segundo o INE de 2024 conta con algo máis de 470 habitantes para unha superficie de máis de 100 km2.
Riaño é ben coñecido polo seu embalse, e a súa ubicación, no Parque Rexional Montaña de Riaño e Mampodre, onde polas vistas e imaxes, se lle coñece popularmente como os «Fiordos Españois». Entre os anos 1986-1987 o antigo Riaño foi destruído e anegado, xunto con Anciles, Salio, Huelde, Éscaro, La Puerta, Burón, Pedrosa del Rey e Vegacerneja, para a construcción do embalse que leva o seu nome. Un embalse que foi moi criticado e contra o que moita xente loitou pero que finalmente saiu adiante levándose con el moitos pobos, e moitas historias o día 31 de decembro de 1987, co goberno do socialista Felipe González, xusto un día antes de que entrase en vigor unha directiva europea que faría inviable esta obra dende o punto de vista medioambiental..


Comenta a imaxe!