Numeración das vivendas

En numerosas ocasións preguntámonos cando comezaron a colocarse letreiros cos nomes das rúas en Mondoñedo e incluso a numeración das súas vivendas. Por casualidade, atopamos no libro de Actas do Concello de Mondoñedo 1801-1805, a resposta a esta pregunta. Sen Alcalde da cidade D. Enrique Ramón Posada Pardo, Rexedor perpetuo e veciño desta cidade.

Na acta levantada con motivo da Sesión do 27 de xuño de 1803, nun dos seus apartados dice: «Considerando la ciudad la subsistencia que debe tener la denominación de cada calle, rúas y baladas de ella, y sus extramuros, para que no se obscurezcan, y los forasteros puedan con facilidad tener conocimiento de ellas para sus asuntos. Acuerdan sus señorías se rotule la de cada una en su entrada, o salida, y numeren todas las casas por el orden correspondiente, visiblemente por la parte de afuera, y por maestro de pericia en el arte, de cuenta de los dueños respectivos de las mismas casas, o de los que de su orden las habiten, para lo que se diputa al Sr. Presidente, con todas las facultades de la ciudad”.

Transcorreron algo máis de 222 anos dende que a Corporación Municipal acordou numerar as vivendas e colocar letreiros as rúas de Mondoñedo, pero algunhas atópanse sen eles. Nos coñecemos esos nomes, os que nos visitan durante o ano, non.

D. Enrique Ramón Posada, viuvo de Dona Juana Olano, faleceu o 13 de xaneiro de 1828 en Mondoñedo e foi sepultado na capela de San Antonio do Carrascal. Foi elexido e nomeado Alcalde Maior de Mondoñedo polo bispo D. Andrés Aguiar y Caamaño.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo