Corría o 25 de xullo de 1971, día do Patrón de Galicia, cando un serradoiro localizado no barrio de San Lázaro de Mondoñedo sufría cuantiosos danos materiais a causa dun voraz incendio.
O lume afectaría o serradoiro dos irmáns Lorenzo García, ao prender o lume nuns bidóns de gasoil, chegando incluso algún deles a explosionar. As chamas acabarían con toda a madeira almacena e causarían importantes danos nas naves adicadas a esta industria. Os danos foron cuantiosos, pero a fortuna quixo que non se tivera que lamentar ningún persoal.

Na extinción do incendio, que se prolongaría durante varias horas, colaboraron veciños, obreiros e forzas da Garda Civil. Na imaxe da cadea humana que acompaña este post podemos recoñecer a: Quique «do guerra», o sobriño de «Recetas», Alejandro «Patrulla» (fillo), Antonio, Héctor Vázquez «do caminero», Suso Díaz Chao e Antonio «dos Castros».
No ano 1956 outro espectacular incendio tiña causado cuantiosos danos a outro serradoiro propiedade de Rosendo Camarista Casal, tamén ubicado no citado barrio de San Lázaro en Mondoñedo.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!