Os Palomares

Se algunha paloma do século XIX levanta a cabeza e ve o estado dos palomares que rodean Mondoñedo ben seguro que se había sorprender. En outros tempos a presenza dun palomar nunha finca era sinal de riqueza e podería e eso cambiou coa progresiva decadencia do campo e a máxima emigración as cidades. Chegouse ao extremo de que as palomas tamén emigraron aos núcleos de poboación, invadindo algunhas casas deshabitadas e a día de hoxe en día son un elemento máis da paisaxe urbá, chegando nalgún caso a alcanzar a categoría de praga.

Os campos fóronse despoboando, e foron mermando as terras sementadas, polo tanto reducíuse o alimento para estas aves, e as súas crías deixaron de ser tan apreciadas na mesa. Como se de unha moda se tratase, os palomares perderon a súa razón de ser e a gran maioría convertíronse en almacéns. A súa pranta circular, os seus hocos de entrada baixo o aleiro do tellado, e a súas pedras «tornarratos», eran diferenciais sobre calquera outra construcción. Moitos chegaron a deteriorarse tanto que acabaron por ser derrubados.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo