En plena Costa Ártabra, no concello de Cedeira, atopamos o lugar de San Andrés de Teixido, do que xa temos falado fai anos nesta mesma web. Hoxe volvemos alí, para amosar a famosa fonte de San Andrés, unha fermosa construcción rematada cun encintado branco, típico de moitas construccións da vila.

Según conta a lenda, a auga desta fonte, proven do mesmo altar maior do Santuario que vemos un metros máis arriba. De esta fonte saen tres canos que lle conceden o seu nome máis popular «Fonte dos tres caños». Di o mito, que se ha de beber por cada un deles e pedir un desexo para cumprir a tradición, sen embargo, non é algo recomendable, xa que como pode verse na imaxe, una lenda pintada sobre a propia parede da fonte reza «Non potable». Estas augas tamén se fixeron famosas polas súa propiedades médicas, co cal é probable que vexamos xente que lava alí as súas berrugas, ou que leva unha botella con auga dos tres canos para usar na súa intimidade.

Comenta a imaxe!