Seguimos coa xeira de «famosos» da nosa vila e hoxe votamos a mirada atrás para falar de Germán Sordo Geada, máis coñecido como Michelín. Germán era fillo do empregado municipal Manuel Sordo Cabarcos e Matilde Geada Pérez. A familia Sordo Geada residiu durante uns anos no barro de Casas Novas de Mondoñedo. De xeito sorprendente, o seu fogar foi pasto das chamas. Posteriormente, German, o máis novos dos varóns, que se atopaba solteiro na vivenda, en compaña da súa viuva nai, Matilde, adquiren unha nova edificación na rúa Rigueira, onde viviron ata as súas defuncións.

Germán, en idade adulta, comeza a traballar como empregado no Concello de Mondoñedo, onde faría diversas tarefas. De Germán como empregado público coñecemos varias anécdotas. Unha na que recordamos, era cando saía a auga cunha sospeitosa cor branca polas billas das nosas vivendas e comentábase «A Michelín foiselle a man«, xa que el era o encargado de aportar cloro a auga dos depósitos sitos no Campo da Feira. Outra curiosidade da nosa persoaxe chegaba no momento de sacar polas nosas rúas aos Xigantes e Cabezudos, con motivo de algún festexo; Germán, como se soe decir nalgunha ocasión «estaba ao pé do cañón«.
Xa na idade madura, Germán contraería matrimonio, con Hermelina García García, natural do barrio de Pausalido, da parroquia de Santiago de Mondoñedo. Por motivos de saúde, Germán ten que abandoar a súa vida laboral de forma prematura. Finalmente Germán falece a consecuencia dunha enfermidade respiratoria grave. Do seu matrimonio non deixaría descendencia.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!