Sendo Bispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, D. Fernando Quiroga Palacios, no ano 1947, comezaron as obras de reforma e ampliación do Real Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondoñedo. Estas obras consistirían na construcción de dous espléndidos pavillóns, un excelente servizo de duchas, un cómodo e amplo salón de actos e unha fermosa e luminosa capela.
O Bispo Quiroga, ante a necesidade dun bo número de albaneis, carpinteiros ou canteiros para levar a cabo esta importante obra, informouse dos soldos que se percibían a diario en Mondoñedo e os seus arredores, e tras elo, decide que se aboaría aos operarios que executasen esta obra cinco pesetas a maiores. Deste xeito, non faltou man de obra e a execución dos traballos avanzou con prontitude.

Durante a execución dos traballos, a comezos de decembro do ano 1951, desplomouse un andamio, caendo dende unha altura dus nove metros, dous dos obreiros que participaban nos traballos; eran Francisco Gasalla, veciño do lugar de «Atalaya», do barrio de Valiño, que faleceu as poucas horas do suceso, e Andrés Castrillón, veciño do Couto de Otero, que sería hospitalizado no Sanatorio Nosa Señora dos Remedios, en estado grave.
O 7 de setembro de 1954, despois do coro, inaugurouse a nova capela maior do Seminario, xunto a imaxe colocada na súa fachada.
As obras duraron case dez anos e foron finiquitadas durante o episcopado de D. Mariano Vega Mestre, motivo polo que foron colocados na fachada da nova capela do Seminario Santa Catalina, os escudos de armas de ambos Bispos.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!