Dous mil anos de luz

Visitamos hoxe a cidade de A Coruña, concretamente un dos seus principais atractivos, que leva máis de dous mil anos guiando os barcos que atravesan o Corredor Atlántico.

A Torre de Hércules, é o único faro romano que dende as súas orixes e ata os nosos días segue a cumprir a función para a que foi deseñado, guiar o tráfico marítimo. Ademáis diso é o único faro de época romana que se conserva, se non completo, si en máis dun 60%.

Dende o 27 de xuño do ano 2009 este faro é un ben inscrito na Listaxe do Patrimonio Mundial de acordo co criterio III das directrices operativas, que recoñece a excepcionalidade do faro por achegar un testemuño único sobre unha tradición cultural ou unha civilización viva ou desaparecida.

O lugar elixido para a construcción deste histórico faro foi unha lomba rochosa, denominada Punta Eiras, de case 57 metros de altura, que se atopa entre Punta Herminia e Punta do Orzán.

A Torre de Hércules é un sinal matítimo e como tal ten a súa propia identificación: «Sinal marítimo º353º». Luz branca, cun alcance de 23MN. Período 20s GpD(4) [(L0.3 oc 3.0)3 veces]L0.0 oc 9.8.

Podes coñecer máis sobre este monumento, curiosidades, visita virtual, visitas guiadas, actualide e medios na súa páxina web oficial.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo