No programa das Feiras e Festas de San Lucas de Mondoñedo, no ano 1968, figuraba un Concurso de Gaitas Rexionais. Dito concurso celebraríase no Cantón Grande, as seis da tarde do 19 de outubro do citado ano.
Levaría o primeiro premio o grupo «Os Amigos» de Lugo. Trío formado por Antonio Sandar, Nemesio López e Carlos Méndez, que xa tiña colleitado numerosos premios durante a súa dilatada existencia. Os seus integrantes eran a súa vez membros da banda municipal de Lugo.
O segundo, iria parar a mans de «Hermanos Garceiras» de Melide. Dirixía este grupo folclórico Gabriel Mato Varela. Un dos seus integrantes era constructor de gaitas. Este grupo tamén tivo unha ampla experiencia con numerosos premios.
E o terceiro premio quedaría na Mariña, sería para «Follas Novas» de Ribadeo. Sexteto do que era director D. Primitivo Díaz. Chegaron a actuar en Valencia e incluso solicitaron os seus servizos dende América. O grupo chegou a ser considerado un dos mellores de Galicia.

Aproveitando a inauguración da Praza de «A Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro», interpretaron nas inmediacións da mesma, a Alborada de Pascual Veiga.
Os tres cuartetos vencedores recorreron as principais rúas da cidade de Mondoñedo, deténdose novamente na Praza de España (actual da Catedral), onde soarían varias pezas do folclore popular galego.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!