D. Francisco Fanego Méndez, nado o 3 de decembro de 1847 en Valladolid. Fillo de Francisco Fanego e Manuela Méndez, veciños no seu día, de Villarromiel (Palencia). D. Francisco ingresa no exército o 16 de maio de 1868. O 1 de agosto de 1877 consegue o grao de segundo tenente de infantería.
Posteriormente, atopámolo destinado como primeiro tenente no segundo batallón do Rexemento Luzón, número 54 (xerado o 27 de xuño de 1877), coa sua Plana Maior en Lugo. Casou con Pascuala Salaverri Bermúdez, veciña do barrio dos Muiño de Abaixo de Mondoñedo.
Máis tarde podemos atomar a Francisco destinado no cadro eventual do núm. 57 de Mondoñedo. No mes de xuño do ano 1900, o tenente Fanego ascende a Capitán. Concédeselle a Cruz de San Hermenegildo.
Por último podemos atopar a Francisco como Capitán e destinado en Lugo, núm. 64 (Mondoñedo), xerado o 29 de agosto de 1893.

O 18 de maio de 1901, faleceu sorprendentemente no seu domicilio do barrio dos Muiños de Abaixo, a súa muller Pascuala Salaverri, a idade de 38 anos. Deixaba unha descendencia moi numerosa, toda ela de tenra idade. Os fillos eran os seguintes: Germán, María, Ramón, Josefa, Lucinda, Angelina, José, Antonio e pedro.

Xa en abril de 1902 accedendo ao solicitado polo Capitán de Infanteria destinado no rexemento Reserva de lugo, núm. 64, D. Francisco Fanego Méndez, o rei (q.D.g.), e no seu nome a Reina Rexente do Reino, tiña a ben concederlle o retiro provisional, con arranxo a Lei 8 de xaneiro último (C.L. núm. 26). Ao capitán Fanego Méndez concédeselle dende o 1 de maio de 1902 o haber provisorio de 225 pesetas mensuais.
En agosto do mesmo ano, o Rei, dacordo co informado polo Consello Supremo de Guerra e Marina tivo a ben confirmar o haber provisional de 225 pesetas concedidas ao capitán da escala de reserva, Francisco Fanego, ao que lle sería concedido o retiro co emprego honorífico de Tenente Coronel.
Franciso faleceu no barrio dos Muiños as 11h do 3 de xullo de 1905 a curta idade de 57 anos.
No mes de febreiro de 1906 concédeselle a pensión de 625 pesetas ao ano aos horfos do Capitán (María, Josefa, Lucinda, Angelina, Germán, Ramón e Pedro Fanego Saleverri). Pagaríanse pola delegación de Lugo: «Se les abonará por partes iguales y a los varones D. Germán, D. Ramón y D. Pedro hasta el 11 de enero de 1908, 2 de marzo de 1914 y 12 de abril de 1925, en que respectivamente cumplan 24 años de edad, cesando antes si obtienen empleo con sueldo de fondos públicos, acumulándose el beneficio del que pierda su aptitud legal en los que la conserven, sin necesidad de nueva declaración y debiendo satisfacérseles los haberes a todos por manos de su tutor D. Pedro Salaverri Bermúdez».
O seu fillo Ramón continuaría a carreira de armas.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!