Hai días nos que a tradición volve soar con forza. O pasado 1 de marzo, festividade de San Rosendo, o atrio entre as torres da catedral converteuse nun escenario excepcional. Rematada a misa das doce, a agrupación musical “Os Carricantos”, xunto ao histórico campaneiro Valentín Insua Palacios, fixeron maxia dende as alturas. As súas notas resoaron con brillantez, cautivando á multitude reunida na praza e no Cantón, que lles devolveu o agasallo cunha cálida ovación.

Esta alegre homenaxe á nosa cultura, impulsada co agarimo dos locais “O Faragullas” e “Taberna Galiana”, tróuxonos á memoria ecos doutros tempos. Fíxose imposible non lembrar a figura de Manuel Prieto Rego, o querido gaiteiro “Coruxeiras” da Pastoriza, cuxa música engalanaba outrora as festividades da nosa catedral.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Deja un comentario