A fotografía de paisaxe ten moito de paciencia e de saber agardar pola luz perfecta, e esta imaxe é o premio a esa espera. O atardecer agasallounos cun ceo vibrante, case de lume, que contrasta coa tranquilidade da vila, a cal comeza a acender as súas primeiras luces no fondo do val. Xogando co encadre natural da vexetación en primeiro plano, buscaba darlle profundidade a unha escena que queda maxistralmente pechada no horizonte polas siluetas da Pena da Roca e a Toxiza, os nosos vixilantes silenciosos.


Deja un comentario