Dende o acubillo do quiosco da Alameda dos Remedios, a mirada fíltrase entre vellas farolas e columnas traballadas para atoparse cunha estampa case irreal. Ao fondo, emerxendo entre a néboa que cobre a ladeira, os impoñentes piares do viaduto de Lindín semellan xigantes silenciosos suspendidos no aire. Un diálogo visual entre a elegancia do Mondoñedo tradicional e a monumentalidade da enxeñaría moderna, unidos polo veo eterno do noso barruzo.


Deja una respuesta