Libreiro e soñador, o mago da cidade

Fai unhas semanas rendíamos unha homenaxe ao noso veciño falecido, “Chipo”, por todos coñecido. Hoxe a dedicatoria vai polo “Mago Merlín”. Algúns dos turistas que tiveron a ocasión de visitar Mondoñedo, antes do falecemento do Mago, recordan con certa precisión a este veciño, os seus bastóns e vestimentas. Manolo Montero Rego, nado en Mondoñedo, no ano 1.928 na rúa Concepción.

Manolo foi a escola de D. José Ramón Piñeiro Iravedra. onde tería entre outros compañeiros de aula, a Ricardo Pedreiras ou Ángel Amor. Máis tarde adicou o comezo da súa vida laboral a venda ambulante polos mercados da comarca.

A mediados dos anos cincuenta, Manolo instala unha xeitosa libraría nos baixos da súa vivenda, onde vende libros de texto para os alumnos de primaria das diferentes escolas da poboación e aos do instituto San Rosendo; tamén coleccións de cromos e novelas. O negocio marchaba de xeito satisfactorio, pois as ventas eran moi numerosas e dispuña das vantaxes de non pagar polo alugueiro do local nin a empregado ningún.

A comezos dos anos oitenta, Manolo Montero comeza a deixar dun lado a súa labor na libraría e adica unha importante cantidade de diñeiro e moito tempo a colección de diversos obxectos. Recorre numerosas vivendas de Mondoñedo e a súa contorna en busca de moedas antigas, obxectos litúrxicos, cadros, pezas de marquetería, exemplares de prensa antiga, armas de fogo, e un longo etcétera. Neses momentos é cando aumenta a súa encarnación no coñecido “Mago Merlín” de Cunqueiro, de quen se consideraba moi bo amigo, disfrazándose con traxes moi rechamantes, de chamativas cores e estraños deseños. O mesmo ocorría coas prendas coas que cubría a súa cabeza, co calzado que usaba, cos colares, aneis e bastóns que portaba.

Manolo Montero «Mago Merlín», xunto a estatua de Cunqueiro. Foto Andrés

Ten feito exposicións públicas na Biblioteca Municipal, tan variadas como: traxes antigos de galega, imaxes de persoeiros populares de Mondoñedo, imaxes antigas da cidade ou roupa relixiosa.

Na planta baixa dunha edificación propiedade dunha sobriña, sita na frontal da Catedral e nos soportais do Cantón, “Merlín” instala un pequeno museo, que é visitado por numerosos turistas. Durante esta etapa da súa vida, foron multitude os retratos que se levan feitos ao “Mago Merlín” que, posaba con alegría e certa fachenda ante a cámara.

A prensa escrita tanto local como provincial fíxose eco desta personaxe en numerosos espazos, anunciando as súas exposicións e incluso amplas entrevistas ou sonados reportaxes. A TVG tamén conta no seu arquivo con divertidas entrevistas ao noso Mago Merlín.

Sabemos da súa participación disfrazado nas procesións de Semana Santa de Astorga ou León capital, en Lugo, Viveiro, e por suposto Mondoñedo. Tamén era un asiduo ao Mercado Medieval de Betanzos, Ribadavía, Alfoz e como non Mondoñedo; sería raro o ano que non aparecía estreando indumentaria. Como non dispuña de permiso de conducir, facía uso dos servizos dos taxistas de Mondoñedo; na gran maioría das ocasións acompañouno “Quique” de Viloalle. Nas últimas épocas era Carlos Novo, que tamén facía de fotógrafo da nosa personaxe. Participaba tamén da festa celta que se leva a cabo na antiga e ben coidada carballeira de Bretoña; onde levou a cabo numerosos conxuro e ata chegou a facer de “Druida”. Incluso, coa súa arte, gañou fama de bo conxurador da queimada popular.

Recordamos aquí un sobresalto, cando nunha ocasión montou en globo e a altura do barrio de Valoría pedía de forma encarecida que o baixasen.

Retrato do Mago. Foto Andrés

Non fai moitos anos a corporación municipal de Mondoñedo pensou nel para dar o pregón das festas anuais das Quendas. “Merlín” aceptou a invitación de bo agrado. Por suposto, que para tan importante ocasión, como non podía ser menos, estreaba un fermoso traxe. O auditorio Pascual Veiga quedou pequeno para o acto anta a numerosa concorrencia de público en xeral que se divirte do lindo ao escoitar a Manolo leer o pregón e relatar anécdotas persoais da súa infancia.

O noso amigo Moncho García González, compuxo unha fermosa poesía, a cal tiña o propio Manolo ampliada e enmarcada no seu museo. Moitas persoas preguntábanlle polo autor, ao que el respondía “fíxoma un bo amigo meu”.

Reggin da Pena Vidal, nado en Puerto Rico e por circunstancias da vida, residente en Mondoñedo durante varios anos, persoa a que tivemos a fortuna de coñecer e tratar, compuxo para “Merlín” outra poesía que temos gardada a bo recado, e que reza así:

Manolo posee un orixinal libro de firmas, o cal mostraba orgulloso a moitos visitantes, e no que consegue reunir un elevado número de sinaturas de persoeiros que el consideraba merecedores de tal distinción, chegando algún deles a obsequialo cunha preciosa dedicatoria. “Merlín” alardeaba de ter como bos amigos ao poeta Manuel María, ao escritor Ramón Loureiro, a  Juan Soto, antigo Cronista da provincia de Lugo… entre outros moitos, como o propio Cunqueiro antes citado.

Manolo Montero, “Merlín” de Mondoñedo, deixounos para sempre no ano 2022.

IN MEMORÍAN MANOLO MONTERO REGO. “MAGO MERLÍN”

Coa colaboración especial de Andrés García Doural

Anuncios

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Respuesta

  1. […] que ben seguro é recordada por moitos de vos. Como xa fixemos con “Chipo“, “O Mago Merlín” ou “Cazuña“, hoxe chega o turno de Antonio […]

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa Festas flor Flores Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo