Chega un novo especial a web; nesta ocasión con motivo dos festexos de Nosa Señora dos Remedios, patroa da nosa cidade.
Volvemos a ollada ao ano 1970, cando, con motivo dos festexos, se celebrou un interesante partido de fútbol no Campo da Feira entre as formacións de Mondoñedo e Lourenzá. En disputa un trofeo doado pola empresa “Piensos Biona”, do que era encargado por aquel entón o mindoniense Carlos Folgueira.

Formaría o Mondoñedo con: Andrés Pernas “Do Quinto”, “Chico de Xaneto”, Pascual Domenech “Calete”, Justo Ares, “Chiño” Domenech, Manolo Cantil, Pedro Domenech, Magín P. Crespo, Antonio Meilán, “Chencho de Recetas” e Juan José Anello. Serían goleadores para o noso conxunto Anello con tres dianas, Chencho outras tres e Meilán cun gol.
Os veciños laurentinos formarían para a ocasión con: Toño, Balbino, Pepiño, Fray, Saturno, Pepe, Cachopo, Tobiño, Emilio, Rosendo e Mario (Campón). Marcarían para a formación do Val Emilio, Cachopo e Campón, un tanto cada un.
O final, un marcador de 7-3 para o Mondoñedo que se levaría o trofeo nun partido moi desfrutado polo público cun avultado número de goles.
Coa Colaboración especial de Andrés García Doural

Comenta a imaxe!