Especial Os Remedios’24. Fútbol conmemorativo en 1970

Chega un novo especial a web; nesta ocasión con motivo dos festexos de Nosa Señora dos Remedios, patroa da nosa cidade.

Volvemos a ollada ao ano 1970, cando, con motivo dos festexos, se celebrou un interesante partido de fútbol no Campo da Feira entre as formacións de Mondoñedo e Lourenzá. En disputa un trofeo doado pola empresa “Piensos Biona”, do que era encargado por aquel entón o mindoniense Carlos Folgueira.

Plantel local. Foto Andrés

Formaría o Mondoñedo con: Andrés Pernas “Do Quinto”, “Chico de Xaneto”, Pascual Domenech “Calete”, Justo Ares, “Chiño” Domenech, Manolo Cantil, Pedro Domenech, Magín P. Crespo, Antonio Meilán, “Chencho de Recetas” e Juan José Anello. Serían goleadores para o noso conxunto Anello con tres dianas, Chencho outras tres e Meilán cun gol.

Os veciños laurentinos formarían para a ocasión con: Toño, Balbino, Pepiño, Fray, Saturno, Pepe, Cachopo, Tobiño, Emilio, Rosendo e Mario (Campón). Marcarían para a formación do Val Emilio, Cachopo e Campón, un tanto cada un.

O final, un marcador de 7-3 para o Mondoñedo que se levaría o trofeo nun partido moi desfrutado polo público cun avultado número de goles.

Coa Colaboración especial de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Flores Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Medieval Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Ovella Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo