Recoñecido o insuficiente espacio para estacionar e ante unha necesidade máis que manifesta para o acomodo dos taxis existentes en Mondoñedo, en marzo de 1968 o concello acorda realizar unhas obras de adecentamento na céntrica praza «Oswaldo Codina».
O 29 de xullo de 1968, despois das dúas e media da tarde, o Gobernador Civil da provincia, D. Eduardo del Río Iglesia, acompañado do enxeneiro, delegado provincial do Ministerio de Obras Públicas, Don Ángel Cano, inaugurou oficialmente a nova parada de taxis de Mondoñedo. Esta nova parada estaba sita nun rincón da citada praza, hoxe actual Praza do Concello, sendo alcalde naquel entón D. Enrique Cabanela Álvarez.

Neste espazo público chegáronse a realizar concurridas verbenas polas festividades de Santiago Apóstol, polos Remedios ou San Lucas. Aproveitando a realización destas necesarias obras, ao fondo destre espacio tamén se tiñan colocado uns urinarios públicos.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Replica a Zalo Cancelar la respuesta