Anécdota na igrexa nova

25 de xullo de 1952, festividade do patrón Santiago Apostol. Por esas datas, en festividades sinaladas, acostumábase tocar a campá da igrexa parroquial de Santiago de Mondoñedo, máis coñecida como «Igrexa Nova», por parte do noso veciño Julián Álvarez. Para facilitar a labor de volteo da campá da torre, que tiña que tocar nun día tan sinalado, botou unha considerable cantidade de aceite queimado no seu eixo. Cando sae do interior da igrexa parroquial a imaxe de Santiago a ombros dos feligreses, por entre os numerosos asistentes a misa, para celebrar a procesión de costume, o campaneiro comeza o volteo e fai soar a campá. Inmediatamente, comezan a caer gotas do aceite queimado do alto da torre, que rociaron ao numeroso público asistente, ao que lle causaron importantes danos materiais nas súas roupas. Xa pasaron máis de setenta anos deste feito, pero algúns veciños maiores das rúas Lodeiro Piñeiroa e Julio Pardo relatan os feitos con todo tipo de detalles.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo