O Poeta na sombra

Seguimos coa colección de persoaxes e hoxe traemos o «Poeta en la sombra» tal e como o titulou D. José de Cora. Falamos de D. José Ramón Jesús Manuel Emilio Santeiro Faraldo. Nado en Mondoñedo o 9 de novembro de 1908, nas inmediacións do Santo Cristo e na edificación sinalada por aquel entón co número 8 da rúa Santo Domingo (actual Leiras Pulpeiro). Fillo de D. Jesús Santeiro García, natural de Viveiro e de Dona Amanda Faraldo Beltrán, de Mondoñedo. Neto materno de D. Ramón Faraldo Fernández, ex comandante de Infantería e de Dona Josefa Beltán Millán, natural de Santiago de Cuba.

Santeiro chegou a ser considerado unha das prestixiosas plumas que produciu a cidade de Mondoñedo, entre os seus escritos atopáronse poesías cheas de éxitos. Gozada dunha gran amizade con Cunqueiro, Díaz Jácome, Raimundo Aguiar, Rafael e Jesús Martínez, César Seco, Pepe Cigarrán ou Trapero Pardo.

No curso 1924/25 figuraba como alumno do Instituto del Cardenal Cisneros da capital, obtendo un premio extraordinario na sección de letras, o que o catapultaba como un avantaxado alumno. No 1930 era alumno da Facultade Central de Dereito, e nestas datas, colaborador habitual das publicacións tituladas «Nueva Revista«, na que escribían xoves estudantes. Tamén o faría en «Muta» ou «Boletín de Literatura«. Chegou a ser un destacado membro da coñecida como «Generación del 36«.

No 1944 ocupaba o cargo de Xefe do Negociado de 1ª clase no Ministerio de Industria e Comercio. Por Decreto do 21 de agosto de 1956 é nomeado Xefe Superior de Administración Civil do Corpo Técnico desta administración.

Santeiro faleceu o mes de xuño de 1960 en Madrid. A familia xa desapareceu de Mondoñedo, e incluso os seus herdeiros venderon as propiedades xunto o Santo Cristo. Por desgraza un mindoniense prácticamente esquecido…

IN MEMORIAN JOSÉ RAMÓN JESÚS MANUEL EMILIO SANTEIRO FARALDO. 1908_1960

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo