O Poeta na sombra

Seguimos coa colección de persoaxes e hoxe traemos o «Poeta en la sombra» tal e como o titulou D. José de Cora. Falamos de D. José Ramón Jesús Manuel Emilio Santeiro Faraldo. Nado en Mondoñedo o 9 de novembro de 1908, nas inmediacións do Santo Cristo e na edificación sinalada por aquel entón co número 8 da rúa Santo Domingo (actual Leiras Pulpeiro). Fillo de D. Jesús Santeiro García, natural de Viveiro e de Dona Amanda Faraldo Beltrán, de Mondoñedo. Neto materno de D. Ramón Faraldo Fernández, ex comandante de Infantería e de Dona Josefa Beltán Millán, natural de Santiago de Cuba.

Santeiro chegou a ser considerado unha das prestixiosas plumas que produciu a cidade de Mondoñedo, entre os seus escritos atopáronse poesías cheas de éxitos. Gozada dunha gran amizade con Cunqueiro, Díaz Jácome, Raimundo Aguiar, Rafael e Jesús Martínez, César Seco, Pepe Cigarrán ou Trapero Pardo.

No curso 1924/25 figuraba como alumno do Instituto del Cardenal Cisneros da capital, obtendo un premio extraordinario na sección de letras, o que o catapultaba como un avantaxado alumno. No 1930 era alumno da Facultade Central de Dereito, e nestas datas, colaborador habitual das publicacións tituladas «Nueva Revista«, na que escribían xoves estudantes. Tamén o faría en «Muta» ou «Boletín de Literatura«. Chegou a ser un destacado membro da coñecida como «Generación del 36«.

No 1944 ocupaba o cargo de Xefe do Negociado de 1ª clase no Ministerio de Industria e Comercio. Por Decreto do 21 de agosto de 1956 é nomeado Xefe Superior de Administración Civil do Corpo Técnico desta administración.

Santeiro faleceu o mes de xuño de 1960 en Madrid. A familia xa desapareceu de Mondoñedo, e incluso os seus herdeiros venderon as propiedades xunto o Santo Cristo. Por desgraza un mindoniense prácticamente esquecido…

IN MEMORIAN JOSÉ RAMÓN JESÚS MANUEL EMILIO SANTEIRO FARALDO. 1908_1960

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Edificios Entroido Eólicos feira Festa flor Flores Fonte Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo