O rostro de Mercurio

Cecais nos fixamos pouco nos detalles, e moitas cousas pasan desapercibidas cando transitamos polas rúas dos pobos que visitamos, e incluso tamén da propia cidade na que residimos, ¿Cantas cousas descoñeceremos?

En Mondoñedo, nun costado da céntrica Praza da Catedral, no dintel da porta de entrada a un antigo comercio textil, hoxe adicado a oficina-xestoría, atópase esculpido, en pedra de granito, o rostro do Deus Mercurio.

O excelente comercio textil que se situaba antano aquí, a finais do siglo XIX era propiedade de D. José Ramón Rego Villamil e de Dª. Remedios González Díaz. Co paso dos anos pasaría a propiedade do fillo destes D. José maría Rego González e da sua nora, Dª Aurora Martínez Fandiño.

Mercurio, Deus da mitoloxía romana, fillo do Deus Xúpiter e da deusa Maya, representado como adolescente e tocado cun casco alado, pasa completamente desapercibido para os transeúntes. Mercurio era considerado o Deus dos mercaderes e protector dos camiñantes.

Este fermoso detalle, tallado en pedra de granito, tamén pasa sen pena nin gloria para os visitantes da nosa cidade e como dicíamos, incluso é descoñecida a súa existencia para moitos dos nosos veciños. Non se ten constancia doutra imaxe deste Deus, tallada en pedra, en todo o concello de Mondoñedo nin nos veciños de arredores.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Edificios Entroido Eólicos feira Fervenza Festa Festas flor Flores Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Medieval Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Oviedo Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo