O Salón Imperio

Falamos hoxe dunha famosa edificación construida no mindoniense barrio de San Lázaro alá polo ano 1918. Sinalada na actualide co número 77, sería adicada exclusivamente ao baile público dos domingos e días festivos.

Os propietarios desta edificación eran o labrador do citado barrio, Santiago Díaz Fernández e a súa dona Ramona Caselas González. A súa construcción correu a cargo do mestre de obras portugués Antonio Mera Alves.

Coñecida como Salón Imperio, neste lugar a orquestra coruñesa «La Estrella», amenizou uns grandes bailes. Entre os seus compoñentes, destacaba a súa fermosa e simpática vocalista Alicia de La Vega, filla de Ricardo Veiga González «O Bodego» e de María del Carmen Paz Otero «A Lidona» de Mondoñedo. Entre o seu amplo repertorio figuraban temás como: «Río de Janeiro» (Samba); «Viena es así» (Vals); «Mi casita de papel» (Canción do Oeste).

Por este famoso salón de baile pasaron tamen, entre outras, as orquestras «Melodías del Jazz», «Royalty Melodías«, «Radio Jazz», «Amor», «Novedades», «Maseda», «Nueva Lira», «Veracruz» ou «Os Pindaros»…

O salón fecharía definitivamente as súas portas a finais dos anos sesenta. Posteriormente a edificación sería vendida por un módico prezo.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Fervenza Festa Festas flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo