Ramiro I de Mondoñedo

Hoxe traemos ao recordo ao noso amigo Ramiro González Rivas «Do Penasco». Fillo de Pepe e Elvira, con domicilio na rúa Álvaro Cunqueiro número 53 de Mondoñedo.

Ramiro comezou a traballar moi novo en asuntos laborais nunhas oficinas ubicadas no barrio das Casas Novas. Posteriormente faríao na coñecida como Oficina de Emprego, nun local sito na Avenida das San Lucas, posteriormente na antiga Casa Sindical, e por último, nas novas oficinas do INEM na rúa Marina Mayoral, onde remataría a súa vida laboral.

Ademáis de ser unha persoa moi coñecida en Mondoñedo e os seus arredores pola parte laboral, Ramiro tamén o era pola súa inestimable aportación durante moitos anos ao Mercado Medieval ou as procesións de Semana Santa en Mondoñedo, sempre de xeito altruista.

No Mercado Medieval o noso protagonista exercía o papel de Bispo, baixo palio percorría as prazas e rúas máis céntricas de Mondoñedo. Nas proximidades da antiga porta da Fonte Vella tiña colocado o seu sillón episcopal donde extendía moitas credenciais e aplicaba numerosas indulxencias os penitentes. Verdadeiramente facíao con moito arte!

Por outra banda, na Semana Santa, tamén era un gran colaborador. Dende axudar a vestir e adornar as imaxes na V.O.T., a participar en todas as procesións, colocando ordeadamente os porteadores da imaxes e poñendo orde nas filas de fieis. O Santo Encontro da Fonte Vella acudía sempre co seu atuendo marrón, mostrando gran paixón e devoción e recordando os seus tempos de xuventude.

Por outra banda, na Semana Santa, tamén era un gran colaborador. Dende axudar a vestir e adornar as imaxes na V.O.T., a participar en todas as procesións, colocando ordeadamente os porteadores da imaxes e poñendo orde nas filas de fieis. O Santo Encontro da Fonte Vella acudía sempre co seu atuendo marrón, mostrando gran paixón e devoción e recordando os seus tempos de xuventude.

Fai xa uns anos que Ramiro nos deixou, pero sempre está no noso recordo, tanto pola súa colaboración altruista nestes actos tan entrañables para Mondoñedo como polo cariño co que o facía e trataba a todolos seus veciños.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Bierzo Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa flor Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Torres Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Val Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo