Rolindes

Na nosa sociedade existen persoas que non destacan polos seus méritos, pero que son recordadas, en moitos casos con cariño, por cousas acaecidades na súa infancia, este é o caso da nosa protagonista de hoxe Rolindes.

¿Quén era Rolindes? Un nome nada frecuente para Mondoñedo! Os que foron alumnos a mediados dos anos sesenta, da escola de Dona Alicia Tezanos Muiño, no vello consistorio, de seguro que recordan a nosa protagonista de hoxe; de mediana idade, provista cunha cesta de mimbre colocada sobre un caixón de madeira ou unha mesa plegable, na que vendía diversas chucherías aos máis pequenos. A diario estaba situada nas proximidades da porta de entrada as escolas alí localizadas. Tamén o facía ao comezo da antiga rúa Cándido Martínez (actual Lence Santar) os días de Corpus ou procesións de Semana Santa.

Habitaba nunha edificación da rúa Pardo de Cela. O seu nome completo era Rolindes Otero Rodríguez, nada en 1913 en Mondoñedo. Residía no número 4 da citada rúa, en compaña da súa nai viuva, Josefa. Rolindes faleceu de xeito inesperado, sendo solteira, o 13 de maio de 1968 con 55 anos.


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo