Un artista mindoniense

Joaquín Pio Montouto Pardeiro, nado o 7 de maio de 1865 no lugar de Martille, parroquia de Santiago de Adelán (Alfoz); fillo de Francisco Montouto e de Rita Pardeiro Fernández; e a súa vez, neto materno de Félix Pardeiro, e Vicenta Fernández, veciños do lugar de Villacizal de Adelán.

Joaquín do que hoxe falamos, aprendería o oficio de pintor e dorador, inda que descoñecemos quen foi o seu Mestre. Durante a súa vida exerceu ese oficio en Mondoñedo e os seus arredores. Joaquín casaría con Asunción Juana Pardo Vega “Albarega” e residiron nunha edificación da rúa José María Pardo co número 15, para logo mudarse ao número 7 da rúa Cándido Martínez, actual Lence Santar.

Do noso protagonista, Joaquín, coñecemos alomenos tres traballos levados a cabo en Mondoñedo, inda que é de supoñer que durante a súa vida executou moitos máis. O primeiro do que temos constancia data de abril do 1907. Sería Dona Pascuala Veiga a que encargaría a Joaquín pintar o nicho do coñecido como “Cristo de la Fuente Vieja”, na súa parte superior pode lerse a perfección “Fue legado por nuestras inquietudes, quebrantando por nuestros pecado – Isaías“. Diante esta imaxe, acostumada arder un farol con aceite, por conta das limosnas que depositan persoas devotas.

O segundo, data do mes de maio de 1910, cando foi inaugurado un altar no Santuario de Nosa Señora do Carmen de Mondoñedo. Executaron os traballos, dous artistas mindonienses, Guillermo Bernigaray Rego e o noso protagonista Joaquín. A obra foi costeada polo presbítero D. José A. González. O deseño sería de D. Ramón Martínez.

A terceira das súas obras, que coñecemos, é de decembro de 1918, cando foi restaurada a imaxe de San Roque da hornacina do antigo Consistorio. Levaron a cabo esta tarefa os artistas Joaquín Montouto, pintor e dorador e Pedro Salaberri de la Torre, escultor.

De xeito inesperado, Joaquín faleceu en Mondoñedo o 23 de maio de 1927. O seu enterro e funeral foron moi concorridos. Do seu matrimonio con Asunción non quedaría descendencia ningunha.

A foto que ilustra estas liñas foi doada pola nosa veciña Ester Otero Loureiro, que coa amabilidade que a caracteriza no la facilitou. A familia paterna da nosa querida Ester garda parentesco co noso persoaxe de hoxe, Joaquín.

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga Azul barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Catedral Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Cruz Cultura Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Eólicos feira Festa flor Flores Fonte Foz Fútbol Historia Igrexa Inverno Luces Luz Mar Medieval Mirada Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Ovella Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo