O 17 de novembro de 2025 chegan a Mondoñedo varios operarios do famoso taller artesanal de fundición de campás «O Campo«, sito na parroquia de Santa Marina, nos Arcos da Condesa, concello de Caldas de Reis (Pontevedra), para cambiar as cepas de madeira que soportan as tres campás maiores da nosa catedral.
Cepas que, co trascorrer dos anos dende a súa colocación, tanto polas inclemencias meteorolóxicas, falta de mantemento, e volteo de campás, fóronse deteriorando.

A Paula, un dos símbolos da nosa cidade, a maior campá da Catedral, e que soa en momentos especiais. Fundida por Esteban Echevester de Vitoria en 1885. Cunhas medidas de 112×145 cm (sen as asas) e un peso de 1200 quilos; é toda unha obra de arte.
«Soy la campana que llama al pueblo. Congrego al clero. Ahuyento la tempestad. Lloro por los difuntos y honro a las fiestas».
Ronda, que soa cara a rúa Pascual Veiga, fundida en 1813 por Francisco Blasco Palacios, fundidor de orixe cántabra e casado en 1802 con Rosa Muiño Charlo, de San Adriano de Lourenzá. O peso desta campá ascendeu a 60 arrobas castelás, uns 690 quilos.

Quédanos por citar, o nome de Prima, foi fundida por Francisco Antonio Blanco no ano 1851. O fundidor estaba casado con Antonia Crecente Varela, natural da parroquia de San Pelaio de Béjar (Cospeito). Campá que soa cara un costado da praza da Catedral.

Por último acompañamos tamén unha fermosa imaxe das reixas que protexen a Paula, unha singular obra de arte.
Coa colaboración de Andrés García Doural

Deja una respuesta