Edelmiro, o muiñeiro

Hai apenas uns días soubemos do falecemento do último muiñeiro que quedaba en Mondoñedo. Referímonos a unha persoa que exerceu con dignidade unha profesión hoxe pouco valorada polo gran público, pero esencial na nosa historia: Edelmiro Expósito García.

Imaxe xerada coa IA de Google

Fillo único de Manuel Expósito, natural da parroquia de San Pedro de Argomoso, e de Esperanza García, do lugar de Paadín (na parroquia de Santiago de Mondoñedo), Edelmiro medrou na vivenda número sete da rúa San Roque. Coma tantos mozos da súa época, a necesidade levouno a emigrar durante un tempo a Barcelona, pero o seu destino estaba ligado á terra.

Ao regresar a Mondoñedo, os seus pais adquiriron o coñecido como muíño fariñeiro «do Penasco», ao que Edelmiro se adicou en corpo e alma. Alí, entre o son da auga e o cheiro á fariña, transcorreu gran parte da súa vida. Casou con Carmen, unha veciña do barrio de Valiño, coa que compartiu camiño ata que a viudez, os achaque da idade e a inevitable soidade o levaron a ingresar na residencia San Rafael de Mondoñedo.

Edelmiro e Carmen foron sempre grandes devotos de San Roque. Durante moitos anos, el cargou ao ombreiro coa imaxe do santo na procesión e, xa nos seus últimos anos, portaba a cruz que abría o cortexo. Tal era o seu fervor que, cando a imaxe do santo precisou dunha urxente restauración, o matrimonio non dubidou en achegar unha importante cantidade de cartos para tal tarefa.

Católico practicante, era habitual velo cada domingo na misa das doce na catedral ou participando con recollemento na Semana Santa. Especialmente lembrado é o Domingo de Ramos, cando o matrimonio, provisto dos seus ramos de loureiro, partía cara á parroquial de Santiago para unirse á procesión cara ao interior da catedral, lucindo Edelmiro para a ocasión as súas mellores galas.

Pero se algo define o carácter entrañable de Edelmiro era a súa veciñanza. Durante anos, os veciños da rúa Álvaro Cunqueiro e do comezo de San Roque celebrabamos o San Xoán cunha fogueira e unha comida compartida. Non faltaban os liscos nin a queimada, e ninguén se preocupaba da tensión ou do colesterol. Para aquel evento, Carmen e Edelmiro amasaban e cocían pan no forno da súa casa o día anterior. Aquelas bolas de pan recén feito, de sabor inconfundible, eran o orgullo da mesa.

Hoxe, esas fogueiras xa non se acenden porque a maioría daqueles veciños xa non están, pero os que tivemos a fortuna de compartilas gardámolas no corazón. Coa partida de Edelmiro, a rúa síntese máis triste e outra vivenda queda baleira, acentuando esa sensación de abandono que doe ver nos nosos lugares.

A nosa intención non é facer unha biografía académica, senón lembrar con cariño e estima ao noso entrañable veciño. Vaise o muiñeiro, pero queda o seu recordo na memoria de Mondoñedo.

IN MEMORIAN, EDELMIRO EXPÓSITO GARCIA

Coa colaboración de Andrés García Doural


Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Categorías: ,
Anuncios

Deja un comentario

Abadín Alameda Aldea Aliñación Andrés García Doural Animal Arte As Quendas Atardecer Auga barcos Cabalos Cantábrico Carnaval Casas Cascada Catedral Cemiterio Ceo Cidade Colaboración Color Concentración Construcción Cor Cores Costa Cruz Cultura Cunqueiro Curiosidade Curiosidades Deporte Entroido Escultura Eólicos feira Festa Festas flor Flores Fonte Fútbol Historia Igrexa Luces Luz Mar Montaña Montañas Monte Monumento Motos música Nadal Natureza Neboa Neve Nocturna Noite Nubes Nuria Obras Os Muiños Outono Paisaxe Panorámica Patrimonio Pazo Pedra Persoaxe Personaxe Personaxes Ponte Porto Praia Praza Procesión Recordo Relixión Ribadeo Rinlo Rochas Rural Ría Río Rúa San Lucas San Vicente Semana Santa Seminario Sol Toxiza Tradicción Tradición Tronceda Verde Vista Vistas Árbores

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo

Descubre más desde Un paseo en Imaxes

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo